Uns novos estatutos, cuxa elaboración contará coa participación da cidadanÃa, voltaranlle ao Museo de Pontevedra o seu carácter de organismo autónomo no seo da Deputación. Asà o aseguraron o vicepresidente do ente provincial, César Mosquera, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, quen adiantou que o obxectivo deste proceso é "abrir o Museo de Pontevedra á sociedade" e convertelo nun organismo que acolla "todos os sectores", unha liña na que anunciou a creación dun Consello Asesor.
A proposta de novos estatutos sairá publicada, segundo adiantaron, "proximamente" no BoletÃn Oficial da Provincia e abrirase a un prazo de alegacións dun mes. Ademais, habilitarase no web do organismo provincial un apartado para realizar achegas neste sentido. O centro pasara a depender directamente da Deputación e perdera o seu padroado en 2012.
Segundo recolle Diario de Pontevedra o vicepresidente César Mosquera sinalou que a Xunta non amosou interese en asumir a xestión do centro, tal e como reclamara hai poucos dÃas a Asociación de Amigas e Amigos do Museo. Mosquera coincide neste sentido coas declaracións da presidenta da Deputación, Carmela Silva.