Polémica pola mudanza na xestión do Museo de Pontevedra

Desaparecerá o padroado e o centro pasará a depender directamente da Administración

28/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A desaparición do Padroado do Museo de Pontevedra e supresión do centro como ente autónomo da Deputación de Pontevedra está a xerar unha forte polémica. Segundo anunciaba o pasado venres o presidente do ente provicinal, Rafael Louzán, o histórico museo pasará a depender directamente deste organismo, nun novo departamento denominado Servizo do Museo Provincial. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores anunciou a disposición do concello a cubrir os custos de manter a autonomía do Museo, e denunciou que coa decisión de Louzán perderase pluralidade na súa xestión e o centro deixará de estar por riba das administracións.

Desde o PSOE da capital do Lérez, Antón Louro denunciou que a proposta da deputación "entrega a súa sextión a funcionario non cualificados e supón un atentado cultural contra Galicia". Pola súa banda, a responsable de Cultura da Deputación, Ana Isabel Vázquez, sinalou que a entidade non prevé mudar a dirección do centro e que, malia ás mudanzas administrativas, se respectará a autonomía na súa xestión.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Museo de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, Deputación de Pontevedra...