Un centro coordinará a investigación castrexa en Pontevedra

Situarase no Pazo de Liñares, en Lalín, e dependerá do Museo Provincial

21/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Un espazo de 500 metros cadrados no rehabilitado Pazo de Liñares, en Lalín, acollerá o Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico da Cultura Castrexa. A Deputación de Pontevedra anunciaba o pasado venres a posta en marcha deste ente, que conta cun orzamento de 570.277 euros e que dependerá do Museo Provincial. Aínda que centrado na Comarca do Deza, novo centro será o encargado de recibir as pezas das diferentes escavacións arqueolóxicas sobre este período que se realicen na provincia e estará aberto a procesar restos de todo o país. O espazo contará tamén con salas expositivas e complementarase cun Museo Virtual Castrexo que se localizará no consistorio lalinente.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Pazo de Liñares, Lalín, Deputación de Pontevedra...