O Museo de Pontevedra contará cun almacén robotizado en Barro

O proxecto substitúe a anterior proposta de empregar o convento de Santa Clara como depósito de restos arqueolóxicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Sede principal do Museo de Pontevedra

Sede principal do Museo de Pontevedra

Unha nave industrial robotizada no polígono industrial de Barro-Meis acollerá o almacén de fondos do Museo de Pontevedra. A Deputación Provincial anunciaba este 15 de setembro que xa reservou unha parcela de 2.300 metros cadrados para este proxecto, que pretende acabar coa severa limitación de espazo que sofre o centro desde hai anos.

A proposta prevé a construción, aínda pendente de licitar, dunha nave que deberá cumprir estritas condicións de temperatura e humidades para conservar axeitadamente as pezas artísticas e arqueolóxica que o Museo non ten en exposición. A instalación contará con brazos mecánicos para acceder a un sistema de almacenamento vertical.

Na actualidade o Museo carece de espazo para os seus fondos, de xeito que mesmo tivo que adiar a aceptación de doazóns como a colección de Leopoldo Nóvoa por este motivo, segundo apunta o Diario de Pontevedra.

Aínda que o anterior goberno da Deputación prevía empregar o Convento de Santa Clara para este uso, coa remuda na entidade provincial, en 2023 desbotouse esta opción. A intención é que o novo centro estea dispoñible en 2027, ano do centenario da creación do Museo.

Que che parece esta nova?
106 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Convento de Santa Clara, Deputación Provincial, Diario de Pontevedra