O Museo de Pontevedra destinará o convento de Santa Clara á súa colección arqueolóxica

O edificio será rehabilitado e as partes da segunda metade do XX demolidas

26/12/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O convento de Santa Clara (Pontevedra) acollerá o Centro de Xestión Integral da Colección Arqueolóxica do Museo de Pontevedra. Así figura no concurso internacional que convoca a Deputación de Pontevedra para a selección do proxecto de rehabilitación do inmoble. Segundo o Faro de Vigo, isto significará acoller a colección arqueolóxica hoxe localizada no Edificio Sarmiento. Trátase dunha das coleccións arqueolóxicas máis significativas e de máis influencia historiográfica de Galicia. O proxecto de ampliación inclúe un programa de ampliación que engadirá aos 5705 metros cadrados de superficie construída actual outros 3.500 metros cadrados. O proxecto tamén incluirá a demolición de engadidos da segunda metade do século XX que suman 277 metros.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Museo de Pontevedra, Convento de Santa Clara, Faro de Vigo...