Adxudican os traballos arqueolóxicos de Santa Clara por 311.000 euros

O proxecto de escavación arqueolóxica no convento é preciso para afrontar a rehabilitación integral

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioPolíticas Culturais
Compartir:
Base do muro. Foto: Deputación de Pontevedra

Base do muro. Foto: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a adxudicación á empresa Citania do contrato do servizo de escavación arqueolóxica do convento de Santa Clara, cun investimento que ascende a preto de 311.000 euros, unha cifra moi por riba da media habitual dos orzamentos destinados a estes traballos. Trátase da elaboración dun proxecto arqueolóxico completo que é preciso poñer en marcha para poder afrontar a rehabilitación integral do recinto histórico, que ten un orzamento estimado de 23 millóns de euros

O servizo de escavación arqueolóxica que acaba de ser adxudicado polo goberno da Deputación contará con tres fases. Na primeira, a empresa contratada remitirá o proxecto de escavación arqueolóxica; na segunda executaranse os traballos e na terceira redactará e remitirá os informes así como as respectivas memorias da actuación desenvolvida. Arestora, o goberno provincial está á espera da licencia municipal para poder avanzar na recuperación de Santa Clara: un proxecto de todas as veciñas e veciños de Pontevedra para o que é preciso sumar vontades. A contratación do proxecto arqueolóxico trátase dun paso para adiante co obxectivo de que a rehabilitación de Santa Clara sexa unha realidade e que, máis pronto ca tarde, sexa posible reabrir o lugar para o desfrute da cidadanía.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Convento de Santa Clara, Medios de comunicación, Arqueoloxía