De cara a súa musealización e posta en valor, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o venres pasado a contratación dunha asistencia técnica para a realización dun amplo estudo arqueolóxico e histórico sobre o Convento de Santa Clara, recentemente adquirido polo Concello de Pontevedra. No estudo participarán 20 persoas, integrando arqueólogas, restauradoras, antropólogas, historiadoras, documentalistas e persoal técnico adicional, e significará a investigación, dunha soa vez, das orixes e evolución do complexo monástico ao longo de 750 anos de historia. Debido a que o convento sufriu poucas transformacións en todo este tempo, o seu valor cientÃfico é notable. A investigación irá tendo entregas parciais que permitirán avanzar no deseño do seu programa de posta en valor. En concreto, a Deputación sinala que os traballos deben avaliar se Santa Clara pode ser destinada a albergar a colección arqueolóxica do Museo de Pontevedra, para a que nestes momentos estaba ideado un edificio especÃfico nas aforas da cidade, en Valdecorvos. Tamén se considerará "rebaixar ou substituÃr parte da superficie inicial a habilitar" na conexión subterránea entre os diferentes edificios do Museo que espertaran unha gran polémica en Pontevedra en 2019, cando a Deputación presentara o proxecto. Este estudo integral de Santa Clara ten un orzamento de 286.072 euros