23 millóns para rehabilitar o convento de Santa Clara

A Deputación de Pontevedra chega a un "punto de acordo" co estudio de arquitectura para modificar o proxecto inicial

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Visita dos presidentes da Xunta e da Deputación ao convento

Visita dos presidentes da Xunta e da Deputación ao convento

A Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia asinaron un acordo para participar no financiamento da rehabilitación do pontevedrés convento de Santa Clara. O importe estimado é de 23 millóns de euros, dos que a Xunta achegará inicialmente 6, aínda que Alfonso Rueda, presidente da Xunta, non descarta que no futuro se poidan incrementar as partidas. Así o explicaron nun acordo asinado o venres pasado nas propias dependencias do convento. O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, anuncio que o obxectivo do ente provincial é inaugurar Santa Clara a coincidir co centenario da fundación do Museo de Pontevedra, no 2027. Para a rehabilitación, contarán co proxecto arquitectónico que xa gañara o concurso convocado polo executivo provincial anterior, redactado polo estudo de arquitectura Nieto Sobejano. Segundo a Deputación, "iniciáronse negociacións co estudo de arquitectura para modificar o proxecto" e relación a que non se contemplara a "destrución dos xardíns para construír un almacén de restos arqueolóxicos". Segundo a Deputación, "as dúas partes chegaron a un punto de acordo que debe plasmarse agora por escrito no expediente de contratación, que se abrirá a partir do 30 de xaneiro".

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Deputación de Pontevedra, Convento de Santa Clara, Museo de Pontevedra...