Deputación e concello de Pontevedra escenificaron o pasado venres os primeiros pasos para a conversión do convento de Santa Clara, que vai ser adquirido pola entidade municipal, nunha nova dependencia do Museo de Pontevedra. Foi durante a inauguración da exposición "Galicia: de Nós a Nós", que continúa a súa itinerancia tras ser exhibida en Santiago de Compostela e Ourense. O vicepresidente da Deputación, que tamén é concelleiro en Pontevedra, César Mosquera, fixo a petición formal ao concello. Segundo o Diario de Pontevedra, Miguel Anxo Lores, alcalde da cidade, "recolleu o recado para, de xeito indirecto, confirmar a intención do concello de facer posible esta cesión", e solicitar a colaboración da Xunta de Galicia, aproveitando a presenza de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura. O proxecto significará renunciar ao plan de conexión subterránea dos edificios do museo ubicados no casco histórico pontevedrés.
Deputación e concello de Pontevedra incorporarán o convento de Santa Clara ao museo provincial
O mosteiro está en vías de adquisición pola entidade municipal
1 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Conceptos


