Pontevedra finaliza a compra de Santa Clara

O custe final do inmoble será de 3,2 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda; percorren o claustro. Foto: Concello de Pontevedra

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda; percorren o claustro. Foto: Concello de Pontevedra

O 1 de decembro de 2021 será lembrado no futuro coma o día no que o convento de Santa Clara de Pontevedra, fundado extramuros da cidade no século XIII, pasou a formar parte do patrimonio público municipal. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, asinou esta mañá coa abadesa da orde das Clarisas, Victoriana Jorde, o contrato da compra do mosteiro. O concello está a traballar nun programa de actuacións e accións para dar a coñecer este espazo e definir os seus usos futuros. Tamén pensan abrir a horta de Santa Clara, incluíndo os xardíns, como un "pulmón verde" no medio da cidade. O convento conserva o patrimonio noble, que foi cedido en depósito ao concello durante catro anos.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, Convento de Santa Clara