As clarisas de Pontevedra poderán trasladar o retablo de Santa Clara

Patrimonio autoriza o traslado do moble

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

As Clarisas de Pontevedra solicitaran á Dirección Xeral de Patrimonio o traslado do retablo da Virxe dos Desamparados, aínda en depósito no convento de Santa Clara de Pontevedra. A Deputación de Pontevedra presentara un recurso contra a resolución, argumentando que o traslado podía danar o retablo. Patrimonio acaba de resolver o recurso autorizando ás clarisas a levar para Santiago este retablo do século XVIII. Trala venta do mosteiro, as clarisas deixaran catro retablos do século XVIII no inmoble, nunha custodia por catro anos, ata o 1 de decembro de 2025. Se as monxas non reclamaban as pezas nese tempo, o concello (e posteriormente a Deputación, cando o concello cedeu a propiedade do convento), o titular do ben podería reclamar a compra dos retablos. Rafael Domínguez, vicepresidente da Deputación, xa sinalou que a institución non vai adquirir os retablos.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio, Deputación de Pontevedra, Convento de Santa Clara