Unha taxación independente fixou o valor dos bens patrimoniais que fican no pontevedrés convento de Santa Clara entre 471.000 e 541.600 euros. A cifra comprende a valoración do retablo maior (taxado entre 127.000 e 146.000 euros), dous retablos laterais (entre 99.000 e 114.000) e unha cuarta peza deste tipo (entre 74.000 e 85.100), todas elas do século XVIII.
O historiador Juan Manuel Monterroso foi o responsable de realizar esta valoración por encarga do concello de Pontevedra. No seu traballo incluÃu ademais as pezas do coro (14.000 a 16.000 euros) e o órgano, unha peza orixinal de 1795 e única do seu tipo que se conserva na cidade, e que acadarÃa o maior prezo de mercado, entre 135.000 e 155.000 euros.
A taxación fai parte do expediente administrativo para completar a adquisición do convento por parte do Concello de Pontevedra. Cun prezo total de 3,2 millóns de euros para o inmoble, a entidade municipal pasará a custodiar en depósito estes bens durante catro anos, quedando despois en mans da orde das clarisas o seu destino.
Está previsto que a merca se complete no vindeiro mes de outubro, e a intención de Concello Deputación é que o edificio pase a formar parte das instalacións do Museo de Pontevedra