O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael DomÃnguez, anunciou a paralización do proxecto aprobado para a restauración e posta en valor do convento de Santa Clara por parte da anterior corporación provincial. O anterior proxecto preveÃa para o inmoble unha funcionalidade como laboratorio e centro de almacenamento dos restos arqueolóxicos do Museo de Pontevedra. "Santa Clara non pode ser un almacén de restos arqueolóxicos e non podemos permitir a destrución dos xardÃns centenarios, tal e como recollÃa o anterior proxecto", afirmou DomÃnguez, quen tamén sinalou que a intención do novo goberno provincial é "manter os acordos asinados entre o concello de Pontevedra e a Deputación". Na nova visión da Deputación de Pontevedra figura evitar que parte dos terreos da horta e xardÃn das monxas fora ocupado por un novo inmoble de almacenamento. O novo proxecto "pretende preservar a esencia dos xardÃns, tan importantes coma o propio convento". De feito, o vicepresidente da Deputación fixo referencia a que "todos os equipos de arquitectura que se presentaron ao concurso de ideas seguiron estas directrices que, desde o noso punto de vista, son erróneas, salvo un que solicitou expresamente preservar a maior parte posible dos xardÃns de Santa Clara".