
A proposta prevé construÃr un soto en dous niveis a conectar as tres sedes históricas do Museo, situadas no casco histórico pontevedrés. A actuación desenvolverase como complemento da rehabilitación interior destas edificacións. O proxecto duplicará a actual superficie dispoñible neste conxunto, que pasará de 1.945 metros a 3.845.
A solución prevista pretende crear unha zona de acceso única ao tempo que se recupera a configuración orixinal dos edificios e se aproveita a maior superficie útil para "activar coleccións e pezas que non están en exhibición". A intención e comezar as obras medidados de 2021, cun coste previsto de 2.500 euros por metro cadrado de actuación. A Deputación solicita a colaboración da Xunta e do Estado para desenvolver este proxecto.