A anunciada ampliación subterránea do Museo de Pontevedra, que pretendÃa unir mediante un soto común tres dos edificios que fan parte deste complexo, queda adiada. Asà o anunciou onte o Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, quen anunciou traballos de rehabilitación en dous destes inmobles, o de GarcÃa Flórez e o Castro Monteagudo.
Mosquera, segundo recolle o Diario de Pontevedra, sinalou que o investimento desenvolvido para adquirir o Convento de Santa Clara, que se sumará aos espazos do museo, e mais a falta de apoio económico por parte do Goberno Central e da Xunta levaron a aprazar o proxecto subterráneo.
Segundo explicou o vicepresidente en rolda prensa, logo dos traballos de rehabilitación o edificio Castro Monteagudo será acondicionado como espazo didáctico mentres o GarcÃa Flórez quedará a disposición para exposicións puntuais. A incorporación de Santa Clara, pendente aÃnda de definir o seu uso, permitirá ampliar en case 5.000 metros cadrados a superficie dispoñible para o museo, unha cifra moi superior aos arredor de 2.000 que se obterÃan co proxecto subterráneo.
O proxecto de ampliar as instalacións do Museo de Pontevedra mediante a construción dun soto no corazón da zona vella de Pontevedra foi duramente criticado desde a oposición e mediante iniciativas cidadás polo seu custo e impacto sobre o casco histórico.