O Museo de Pontevedra contará con tres millóns de euros para a súa rehabilitación

O Goberno Central achegará esta contía do seu Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Edificios centrais do Museo de Pontevedra. Fonte: Turismo de Galicia

Edificios centrais do Museo de Pontevedra. Fonte: Turismo de Galicia

O proxecto de rehabilitación dos edificios centrais do Museo de Pontevedra contará co apoio do Goberno Central. Tres millóns de euros do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos facilitarán desenvolver os traballos que afectan aos dous edificios históricos que foron as sedes orixinais desta institución, o Castro Monteagudo e o García Flórez, situados na Praza da Leña.

O vicepresidente da Deputación Provincial, César Mosquera, anunciou o pasado 4 de abril que a proposta de "consolidación, restauración e interconexión mediante o subsolo" destes espazos conseguiu o importe máximo na convocatoria aberta do Ministerio de Transportes para distribuír estes apoios, que fan parte dos fondos Next Generation.

Segundo destacaba o proxecto da entidade provincial a rehabilitación dos edificios centrais "é un claro expoñente da visión integral promovida polo PIREP, unindo criterios de eficiencia enerxética que responden ás directrices do Pacto Verde Europeo con outros de sustentabilidade, inclusión e calidade arquitectónica da Nova Bauhaus". A solicitude destacaba ademais que a proposta "garante o cumprimento dos prazos previstos, o aforro enerxético e a incorporación de altos estándares de calidade arquitectónica en consonancia co conxunto patrimonial dos edificios do Museo de Pontevedra".

Que che parece esta nova?
113 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Goberno Central, Ministerio de Transportes, Deputación Provincial