O Museo de Pontevedra contará cunha nova sede dedicada á arqueoloxía

A Deputación de Pontevedra prevé un investimento de tres millóns de euros no proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A urbanización Valdecorvos acollerá a anunciada nova sede do Museo de Pontevedra. O futuro edificio de 4.000 metros cadrados destinarase a albergar a colección de restos arqueolóxicos da institución, actualmente na sede central do Museo no casco histórico. A Deputación de Pontevedra aprobou nos seus orzamentos para 2020 destinar un millón de euros para pór en marcha o proxecto, e prevé que en 2021 poida estar rematado o novo centro, cun custo estimado que roldará os tres millóns de euros.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Arqueoloxía