Preséntase a restauración do Edificio Sarmiento, futura sede o Museo de Pontevedra

O proxecto recuperou o claustro do século XVIII e incluirá un restaurante

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A apertura do ampliado Museo de Pontevedra está cada vez máis preto. O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentaba onte a restauración do Edifico Sarmiento, quinto inmoble que acollerá os fondos desta institución. As obras abriron o antigo claustro do século XVIII ata o de agora cegado, e acondicionaron o espazo para acoller fondos prehistóricos, arqueolóxicos e cerámicos entre outros bens. Ademais, o baixo acollerá un restaurante como parte dos servizos do Museo. As obras, canda a construción do sexto edificio para o Museo, supuxeron un investimento de 30 millóns de euros achegados por diferentes administracións.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Deputación de Pontevedra