O Museo de Pontevedra inaugura o Edificio Sarmiento o día 22

Albergará ás coleccións desde a Prehistoria ao Medievo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A renovación do Museo de Pontevedra complétase o vindeiro día 22. Para esta data está prevista a inauguración do rehabilitado Edificio Sarmiento, un local histórico no que se habilitaron seis salas de exposición e se abriu o claustro. O novo espazo acollerá as coleccións históricas do Museo desde a Prehistoria ata o Medievo, incluíndo pezas ata o de agora inéditas como restos humanos máis antigos que se conservan en Galicia. O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou que, aínda que non se prevén novas obras de ampliación, desenvolveranse traballos para mellorar o estado das instalacións xa existentes.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Prehistoria, Deputación de Pontevedra