O longamente agardado sexto edificio do Museo de Pontevedra abre hoxe finalmente as súas portas logo da inauguración que oficiou o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, esta mañá. O espazo, que inicia agora xornadas de portas abertas ata o vindeiro sete de xaneiro, abre agora a totalidade das súas instalacións, 23 salas de exposición permanente que fan un percorrido pola arte galega desde o gótico ata a actualidade e que acollen tamén os fondos de Castelao e mais un espazo dedicado a Manuel Quiroga. Estas súmanse á sala de exposicións temporais, xa aberta, e mais a un auditorio e un aparcadoiro que fan parte do conxunto.
Abre o sexto edificio do Museo de Pontevedra
O presidente do Goberno inaugurou o espazo esta mañá
23 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Pontevedra, Castelao, Manuel Quiroga...
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares
