Toma o seu nome das prazas públicas da antiga Grecia e ese é precisamente o carácter que o concello de Coruña lle quere dar á Ágora, o centro cultural coas instalacións máis amplas e mellor dotadas da cidade. O centro abre ao público o vindeiro día 28 cunha xornada de portas abertas para que a xente coñeza as instalacións. Será unha reinauguración porque o centro estivo aberto durante os últimos meses do anterior equipo de goberno. En canto a programación cultural, que se abre o vindeiro11 de febrero cun concerto de Russian Red, contará con espazo para o audiovisual, a danza, a literatura e diferentes obradoiros.
Falouse do edificio como sede do Centro Coreográfico Galego, pero a filtración aos medios foi un dos motivos polos que se desbotou a posibilidade. O novo espazo, que conta cun amplo audiotorio, a biblioteca máis grande da cidade (ten máis de 20.000 publicacións), espazo para obradoiros e salas de exposicións.. terá a vocación de ser un espazo de creación local, punto de intercambio con outros creadores e, ao mesmo tempo, atender ás necesidades da cidadanía. De feito, o edificio alberga, alén do rexistro, diferentes departamentos da Área de Servizos Sociais (SIVO, Servicio de Información, Valoración e Orientación; o UAMI, Unidad de Asesoramento de Migracións e o ETIS, Equipo Técnico de Inclusión Social) e de de Educación (con actividades del Programa Nocturnia).
Programación cultural
En canto a programación cultural a Ágora funcionará como un espazo no que haberá lugar para concertos, actividades de dana e artes escénicas así como exposicións. Será Russian Red, a que abra a programación, o vindeiro 11 de febreiro cun concerto. A seguinte cita programada de concertos será o 2 de marzo con autor de Nacho Vegas.
En canto a programación audiovisual, o protagonista será Francisco Calvelo, impulsor do cinema experimental e fantástico, que proxectará os seus traballos nunha única cita. A danza terá cabida cun obradoiro de Jordi Cortés.
No apartado expositivo o vindeiro 29 de febreiro inaugurarase a mostra Arde la calle de Miguel Trilo que documenta as diferentes tribos urbanas das últimas décadas en España.
No eido literario, chega á Coruña o ciclo Poetas Di(n)versos que arrincará o 6 de febreiro. Completa a programación Startup Weekend dirixido a gurús do marketing, artistas visuais e outros creadores.