Abre en Santiago o agardado Museo Diocesano

O Arcebispado inaugurou as instalacións no mosteiro de San Martiño Pinario

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioHistoria
Compartir:
Imaxe do novo Museo Diocesano  Foto: Fundación Catedral

Imaxe do novo Museo Diocesano Foto: Fundación Catedral

O Arcebispado de Santiago e a Fundación Catedral de Santiago inauguraron onte o Museo Diocesano de Santiago, unha institución que abre as súas portas no conxunto monumental do mosteiro de San Martiño Pinario, tomando o relevo do antigo Museo de Arte Sacro e ampliando fondos e superficie de exposición a espazos ocupados nos últimos anos por mostras temporais de todo tipo. A colección do Museo Diocesano nútrese do patrimonio moble da Arquidiocese de Santiago: obras procedentes da Catedral, de institucións relixiosas compostelás, do propio fondo artístico de San Martiño Pinario e de numerosas parroquias, en particular do ámbito urbano de Santiago.

O templo de San Martiño Pinario conserva ademais algunhas das xoias máis destacadas do barroco compostelán, como o seu retablo maior, e a monumental sillería de coro realizada por Mateo de Prado en el siglo XVII. Todo este patrimonio forma parte do discurso museístico, integrando arquitectura, arte e espiritualidade nun mesmo relato. O proxecto leva tres décadas desde os seus primeiros pasos ata esta materialización e inauguración que está concibida como unha primeira fase dun proxecto a longo prazo. Esta oferta únese ás que xa ten o Arcebispado co Museo Catedral e o Museo da Colexiata de Sar, poñendo a disposición dos posibles visitantes unha entrada conxunta aos tres espazos.

Que che parece esta nova?
277 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Martiño, San Martiño Pinario, Catedral, Arcebispado de Santiago...