Por vez primeira, Santiago de Compostela participa no ciclo Las Edades del Hombre, que desde hai 27 anos leva exposicións de arte sacra por diferentes cidades de Castela e León. Hospitalitas é o lema desta mostra, na que a capital galega comparte sede con Vilafranca do Bierzo, e que abre este 13 de xuño na Catedral e mais no mosteiro de San Martiño Pinario.
A Xunta de Galicia colabora coa Fundación Las Edades del Hombre na organización desta proxecto, que achegará ao noso 130 paÃs pezas históricas de arte sacra realizadas por artistas como Juan de Juni, Luis Salvador Carmona, Bartolomé Esteban Murillo, Gregorio Fernández, Alonso Berruguete o Alejo de VahÃa. As pezas foron achegadas polas dioceses de Galicia e Castela e León, asà como por museos nacionais e rexionais, galerÃas e colecciones privadas.
A mostra combina este patrimonio con creacións contemporáneas, instalacións inmersivas e experiencias de realidade virtual. O director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela, Daniel Lorenzo, e o director técnico-conservador do Museo desta mesma catedral, Ramón Yzquierdo corren co comisariado do proxecto no noso paÃs.
A hospitalidade preséntase como eixe deste proxecto, "reflectindo a importancia que no Camiño de Santiago este valor". Os valores vencellados á peregrinación da "hospitalidade, caridade, acollida e solidariedade", recollidos no libro V do Códice Calixtino, articulan a iniciativa, que conta ademais con música composta ex profeso para esta xeira. O zamorano David Rivas asina as 33 pezas que acompañan o discurso narrativo desenvolvido na selección de obras, cunha duración total de 130 minutos.
O conselleiro de Cultura, José López Campos, participou da presentación da mostra este venres 24 de maio, a destacar que se trata dun dos "fitos culturais do ano". O proxecto poderá visitarse ata o vindeiro mes de novembro.