A colección da Fundación Vicente Risco intégrase no Sistema Galego de Museos

Está integrada por documentación, obxectos persoais e obra artística do autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Despacho de Vicente Risco na Fundación. Foto: Concello de Allariz

Despacho de Vicente Risco na Fundación. Foto: Concello de Allariz

O legado dunha das figuras centrais da Xeración Nós, Vicente Risco, conta desde agora cun maior grao de protección e recoñecemento institucional. O Consello da Xunta aprobou a integración da Colección Vicente Risco no Sistema Galego de Museos. A decisión, tomada na reunión do goberno galego deste luns 1 de decembro, implica a creación e cualificación oficial destes fondos como Colección Museográfica. A titularidade e xestión continuará a cargo da Fundación Vicente Risco, que custodia este patrimonio na súa sede de Allariz.A colección agora integrada constitúe un testemuño fundamental para comprender a poliédrica figura do intelectual galeguista. Os fondos organízanse cronoloxicamente para amosar as súas diversas facetas como pensador, escritor, teórico da arte e etnógrafo. O arquivo inclúe un vasto patrimonio que abarca a súa biblioteca persoal, documentación biográfica e correspondencia, así como unha destacada sección de obra plástica con debuxos do propio autor e material etnográfico recollido durante as súas investigacións.

Que che parece esta nova?
153 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Vicente Risco, foto a foto

Vicente Risco, foto a foto

Vida e época de Vicente Risco percorre con imaxes a biografía e as teimas deste pensador

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, Museos, Fundación Vicente Risco, Xeración Nós...