A Fundación Vicente Risco conmemora en Ourense a vida e a obra do pensador

Risco logo de oitenta

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Ourense acolle ata o xover as xornadas "Galicia oitenta anos despois" que analizarán a obra e o pensamento de Risco contrapoñéndoos coa situación actual do país. A Fundación Vicente Risco pretende rendir así unha homenaxe ó polígrafo e pensador galego que lle dá nome.

Risco e a actualidade

Durante a primeira xornada do congreso, que se celebrarán no Centro Cultural Simeón da Cidade das Burgas, realizarase un achegamento á vida e a obra de Vicente Risco, a cargo do catedrático de Historia Contemporánea Jesús de Juana. Tamén hoxe o escritor e xornalista Arturo Lezcano falará da vixencia do grupo Nós e, ás nove e media da noite presentarase a edición crítica da obra de Risco "Teoría do nacionalismo galego".

Galicia hoxe

A xornada de mañá centrarase na análise da situación de Galicia en diversos campos. Xosé M. Rivera Otero, profesor de Ciencia Política na Universidade de Compostela explicará a súa visión sobre a situación e perspectivas dos partidos políticos en Galicia, e o historiador Xusto Beramendi falará sobre o autogoberno galego entre España e a Unión Europea.

Roteiro e premio literario

Dentro dos actos das xornadas está prevista a realización dun roteiro cultural por lugares destacados da cidade de Ourense na vida de Risco, como a sé da Revista Nós. Por outra banda, a Fundación Organizadora ven de convocar a segunda edición do Premio Risco de Literatura Fantástica, dotado cun millón de pesetas.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Vicente Risco, foto a foto

Vicente Risco, foto a foto

Vida e época de Vicente Risco percorre con imaxes a biografía e as teimas deste pensador

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, Ourense, Fundación Vicente Risco, Jesús de Juana...