Ribadumia conversa sobre a literatura e o mar

O II Encontro Literario celébrase este venres e sábado

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ribadumia conversa sobre a literatura e o mar

O concello de Ribadumia celebra este venres 26 e sábado 27 o II Encontro Literario, baixo o lema "Literatura e mar". O evento está estruturado ao redor de conversas que versarán, o venres, sobre literatura infantil e xuvenil (Érica Esmorís e Antía Yáñez) e sobre a tradución de Rimbaud e outras historias poéticas, da man de Tamara Andrés e Oriana Méndez. María Solar pechará a xornada disertando sobre literatura e mar. Ao día seguinte, a xornada falará sobre os procesos de escritura e edición, a cargo de Berta Dávila e Carlos Meixide, e á unha da tarde presentarase a novela A lei do mar de Manuel Esteban.

Que che parece esta nova?
114 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Berta Dávila, María Solar, Tamara Andrés...