Héctor Cajaraville, Érica Esmorís e Andrea Maceiras gañan os Xerais

O fallo realizouse na Illa de San Simón este sábado

8/6/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

Héitor Cajaraville, Érica Esmorís e Andrea Maceiras. Foto: Xerais

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 6 de xuño, ditamináronse a XXXIIª edición do Premio Xerais de Novela, a VIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles. Na XXXIIª edición do Premio Xerais resultou gañador Héctor Cajaraville coa novela De remate, na VIIª edición do Premio Jules Verne de literatura xuvenil Andrea Maceiras con Europa Express e na XXXª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil Érica Esmorís con Nena e o mar.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Andrea Maceiras, Héctor Cajaraville, San Simón...