Xa se coñecen os finalistas dos Premios Xerais

Os gañadores revelaranse o 6 de xuño na illa de San Simón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Durante unhas xuntanzas no castelo de Soutomaior o venres pasado, os xurados dos tres premios anuais convocados pola editorial Xerais (o de novela, o Jules Verne de literatura xuvenil e o Merlín de literatura infantil) resolveron os finalistas de cada unha destas convocatorias. O xurado de novela resolveu como finalistas as obras presentadas baixo os lemas "Adiante sempre", "De remate" e "Pedra d’ Ostral". No caso do Jules Verne, as obras finalistas están baixo os seguintes lemas: «Europa», «Leaena Hiems» e «Violeta». Os Merlín de LIteratura Infantil teñen as obras finalistas «Aleteo Brisalinda», «Divina Sandamil», «Megumi».

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Jules Verne, Illa de San Simón, Castelo...

Claves

Protagonistas
Conceptos