Tres obras optan ao XXVII Premio Xerais de Novela

A editora fixo públicos tamén os finalistas do premio Merlín

7/6/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

"Fría e negra", "Hovercraft" e "O avesso do avesso" son os lemas con que se presentaron as tres obras finalistas ao XXVII Premio Xerais de Novela. O xurado deste galardón seleccionounas entre as trinta e oito narracións presentadas durante unha xuntanza celebrada o pasado día catro no Castelo de Soutomaior. Na mesma xornada, o xurado do XXV Premio Merlín de Literatura Infantil, seleccionaron as obras cos lemas "Canis lupus", "Celerífera", "Cincocentros trinta e tres" e "Sete pétalos" como finalistas entre as 32 presentadas ao galardón. A entrega dos premios celebrarase o vindeiro 12 de xuño nun acto na Illa de San Simón, con Fina Casalderrey a actuar como mantedora.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premio Xerais de Novela, Fina Casalderrey, Castelo, Literatura...