Os Premios Xerais xa teñen finalistas

Fallaranse o vindeiro 6 de xuño na Illa de San Simón

1/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Premio Xerais de novela, o Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil e o Merlín de Literatura Infantil, todos eles convocados por Edicións Xerais teñen xa finalistas. No caso do Xerais de novela, que chega á súa XXVI edición, presentáronse 45 obras, entre as que o xurado seleccinou finalistas as presentadas cos lemas A soidade dos leóns, Dinara, Limiar da conciencia e O retorno das aves. Á IV Edición do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil presentáronse 19 obras, entre as que se seleccionaron as presentadas cos lemas Ás de bolboreta, Dragal e Quiromántico. Finalmente, ao XXIV premio Merlín presentáronse 24 obras, das que son finalistas Papude, Secundario e Septempunctata. O fallo darase a coñecer o vindeiro seis de xuño nun acto literario que se celebrará na Illa de San Simón.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, San Simón, Illa de San Simón, Fundación Caixa Galicia...