Xa está todo preparado para coñecer en San Simón os gañadores dos certames literarios de Edicións Xerais

A vista posta en San Simón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
As obras presentadas ao 23º premio Xerais baixo os lemas: "A venus de cristal", "Tres segundos de memoria" e "Escurios, ferruchos e calmotas" foron escollidas como finalistas polo xurado desta edición de entre as trinta obras presentadas. Entre as vinte e sete presentadas ao 1º Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil o respectivo xurado, declarou finalistas as obras baixo os lemas: "Os infortunios do Bacharel Sansón Troleyro", "A morriña das balas" e "A Cova das Vacas Mortas". O xurado da 21 ª edición do Premio Merlín de literatura infantil acordou, entre as trinta e seis obras presentadas, declarar finalistas as que concorren como: "Acuarelas e días", "O tesouro da lagoa de Reid´Is" e "Simbad non falaba polo móbil". A Illa de San Simón, acollerá ao redor de 300 persoas este vindeiro sábado no acto literario musical e posterior cea, no que se fallarán os tres certames e repartiranse os trinta mil euros dos premios. Na festa intervirá como mantedor literario o escritor Manuel Rivas e actuarán Treixadura gaiteiros e Orfeón Treixadura.

Máis información en Edicións Xerais

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Edicións Xerais, Literatura, Treixadura, Manuel Rivas...