Xerais publica as bases dos seus tres premios literarios

Cada un dos galardóns está dotado con 10.000 euros

14/1/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os interesados en participar na nova edición dos Premios Xerais de narrativa teñen ata o vindeiro 5 de abril para enviar as súas obras. A editorial acaba de facer públicas as bases do 36 Premio Xerais de Novela, da décimo primeira edición do Jules Verne de Literatura Xuvenil e do 34 Merlín de Literatura Infantil, cada un deles dotado con 10.000 euros de premio. O fallo do xurado coñecerase o vindeiro 7 de xuño, mentres a entrega dos premios desenvolverase na Festa Xerais que se celebrará no mes de outubro.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Jules Verne, Narrativa, Premio Xerais de Novela

Claves

Protagonistas