A casa de veraneo de Vicente Risco en Allariz transformarase nun museo sobre o escritor

Risco en Allariz

Allariz contará a partir do vindeiro día dezaoito cun novo museo. A antiga casa na que pasaba os veráns Vicente Risco abrirá as súas portas, logo de ser restaurada, coma un centro dedicado á memoria do escritor e galeguista. O museo, que nace da colaboración entre o Concello, a Xunta e a Fundación Risco amosará obxectos persoais, documentos e mesmo escritos orixinais aínda non catalogados. Entre as actividades que albergará o edificio inclúese a investigación e catalogación deste material e a organización de conferencias e de mostras temporais.

Máis información na edición de hoxe de La Región