A Fundación Risco presenta Cultura con Risco e abre unha campaña de mecenado

O programa desenvolverase entre hoxe e o vindeiro domingo en Allariz

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha maridaxe entre literatura e gastronomía, a exposición Arte Mud, un concerto de Xardín Desordenado e mais a proxección do filme O Apóstolo. A Fundación Vicente Risco programa desde hoxe e ata o vindeiro domingo o ciclo Cultura con Risco, unha iniciativa coa que pretende dinamizar a vida cultural de Allariz. De xeito paralelo, a entidade pon en marcha a campaña de mecenado Amigos da Fundación, que permitirá a toda a poboación contribuír económicamente á mesma a cambio de descontos e vantaxes nas actividades e nas publicacións que se desenvolvan.

A iniciativa busca conseguir 40.000 euros anuais mediante cotas de 36 euros, unha cantidade que, segundo Luís Martínez Risco, presidente da entidade, garantiría a autonomía da Fundación.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Allariz, Vicente Risco, Apóstolo, Literatura...

Claves

Protagonistas
Lugares