Allariz celebra as III Xornadas Manuel Blanco Romasanta

No encontro presentarase a reedición dun traballo de Risco sobre o coñecido lobishome

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A Fundación Vicente Risco de Allariz acollerá o vindeiro 1 de novembro as III Xornadas Manuel Blanco Romasanta. Nese entontro o caso deste lobishome abordarase desde perspectivas antropolóxicas como as de Mar Llinares e Xosé Ramón Mariño Ferro. Ademais, nesta edición presentarase a recente reedición do discurso de ingreso de Vicente Risco na Real Academia Galega, que versaba precisamente sobre esta cuestión. Debates, comunicacións e a proxección do filme Lobos de Arga son outros dos actos programados no evento.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Blanco, Manuel Blanco Romasanta, Allariz, Vicente Risco...