A Fundación Vicente Risco analiza o papel da muller no crime do XIX

Roberto Fernández faise co Vicente Risco por un ensaio sobre a historia da medicina rural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Neste mes de outubro, a Fundación Vicente Risco realizará dúas actividades tradicionais na súa programación. O día 21 de outubro ás 12:00 entregará no castelo de Castro Caldelas o XXI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, que este ano recaeu en Roberto Fernández. No acto presentarase o ensaio gañador: Enfermos pobres, médicos tristes. Historia crítica da medicina rural en terras esquecidas. E o seguinte sábado, 28 de outubro, celebraranse en Allariz, na Fundación Vicente Risco, as VII Xornadas Romasanta, desta volta vinculadas á análise de xénero. A profesora de Dereito Penal Natalia Pérez Rivas falará do tratamento penal da muller no século XIX e a catedrática de IES Carme Adán achegarase á figura de Romasanta a través da xerarquía de xénero.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, Fundación Vicente Risco, Medicina, Ensaio...