Xosé Ramón Freixeiro Mato obtén o XXIX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

O galardón da Fundación Risco conta cunha dotación de 6.000 euros

O galardón da Fundación Risco conta cunha dotación de 6.000 euros
Xosé Ramón Freixeiro Mato. Fotografía de Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2014). Fonte: AELG
O ensaio Separados por uma língua comum. Lusofília e galeguidade na correspondência entre intelectuais da Galiza e do Norte de Portugal no século XX valeulle a Xosé Ramón Freixeiro Mato facerse co XXIX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. A Fundación Risco daba a coñecer este 7 de xuño o fallo do seu galardón anual, que conta cunha dotación de 6.000 euros en metálico e inclúe a publicación da obra.

O fallo do premio destaca da obra "a súa perspectiva interdisciplinar na que se sustenta e o rigor na análise da correspondencia entre intelectuais galegos e portugueses ó longo do século XX". O xurado outorgou ademais unha mención especial á obra Levantar a paletilla caída. Medicina integrada na tradición galega , de Lidia Mariño Ventoso, e mais a Historias de muíños e muiñeiros/as no cerne de Galicia de María Montserrat Varela Vázquez.