Premio Vicente Risco para un ensaio sobre o republicanismo de Castelao

David Rodríguez gaña a XXVIª edición do certame convocado pola Fundación do escritor

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
Compartir:

Un estudo sobre as relacións de Castelao co republicanismo, asinado por David Rodríguez Rodríguez foi designado gañador da XXVIª edición do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Reunido en Allariz, o xurado do galardón convocado pola Fundación Vicente Risco premiaba o traballo titulado "Liberdades antigas, tempos modernos: o republicanismo de Castelao" do ensaísta, poeta deseñador gráfico vigués David Rodríguez Rodríguez como merecedor deste recoñecemento por "ser un ensaio que desenvolve o divorcio entre o nacionalismo e o republicanismo en Castelao, non como algo pasado senón presente". Ademais os membros do xurado decidiron conceder un accésit á obra "O criado do pastor. Liçoes de serras invisíveis do Norte de Portugal em tempos de fogos do Antropoceno", asinado por Xulio Sa Rego. O accésit dá dereito de publicación, mentres que a obra premiada levará ademais unha dotación de 6.000 euros.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Vicente Risco, David Rodríguez, Ensaio...