Felix Francisco Castro gaña o XXIV Premio Risco de ciencias sociais cunha obra sobre o ocultismo no autor ourensán

O xurado outorgou accésits a dous ensaios sobre granxas leiteiras e un estudo comparativo transfronteirizo sobre o tratamento das enfermidades mentais

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeLiteratura
Compartir:

A obra Do Doutor Alveiros á Porta de Palla. O ocultismo na vida e obra de Vicente Risco, autoria de Felix Francisco Castro Vicente ven de resultar gañadora do XXIV Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. O xurado reunido o pasado día 4 de xullo determinou así o resultado do certame convocado desde a Fundación Vicente Risco, os concellos de Allariz e Castro Caldelas e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD). Ademais deste primeiro premio o xurado decidiu conceder dous accésits con dereito á publicación da obras a Procurando a vida digna. Prezo xusto e sostibilidade nas granxas familiares produtoras de leite en Galicia, autoría de Bibiana Martínez Álvarez; e Ação Organizacional e Qualidade de Vida. Um estudo comparado do Norte de Portugal e Galiza no campo da Deficiência Mental, asinado por Luísa Alexandra Oliveira Martíns Fernandes.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Vicente Risco, foto a foto

Vicente Risco, foto a foto

Vida e época de Vicente Risco percorre con imaxes a biografía e as teimas deste pensador

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, Francisco Castro, Doutor Alveiros, Fundación Vicente Risco...