A obra Festividades de inverno na provincia de Ourense: máscaras, personaxes e rituais de Carlos Xabier Ares (Viana do Bolo, 1971) ven de ser recoñecida por maiorÃa do xurado do XXIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, como a gañadora desta edición do premio. O xurado composto por Oca González (CETRAD-UTAD), António Carlos Gomes Dias (CETRAD-UTAD), Teresa Devesa Graña (Concello de Allariz), Manuel Carrete Rivera (Concello de Castro Caldelas) e actuando de secretario José Mª Eguileta Franco (FVR) considerou que autor, "a partir dun extenso traballo de campo, realiza unha catalogación dos personaxes e as figuras do entroido e das festas de inverno ourensá". Este galardón sirve para honrar a memoria do escritor e polÃtico ourensán e está convocado pola Fundación en colaboración cos concellos de Allariz, Castro Caldelas, a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD). Está dotado con 4.000 euros e a publicación da obra vencedora. Segundo o xurado este traballo de Carlos Xabier Ares "poderá ser moi interesante para un coñecemento do públicos das figuras que protagonizan estas festividades".