A se aproximar as datas da festa chega a Pontevedra a oitava edición das Xornadas sobre o Entroido de Galiza. A Sociedade Galega de AntropoloxÃa organiza, coa colaboración do Concello de Pontevedra, este encontro que se desenvolve entre os dÃas 28 e 29 de febreiro no centro Nemonon. O Teatro de Entroido, a celebración en Esgos e en Samede, a danza de Entroido na Ulla e mais a figura da Vella nestes festexos son algúns dos temas que se abordarán ao longo das dúas xornadas. Ademais, Carlos X. Ares presentará o seu libro Festividades de inverno na provincia de Ourense e se poderá ver a xa habitual exposición fotográfica sobre esta tradición.