As Xornadas do Entroido de Galiza repasan diferentes recuperacións desta festa

Pontevedra acolle este encontro os vindeiros 23 e 24 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
As Xornadas do Entroido de Galiza repasan diferentes recuperacións desta festa

Entroidos como o de Brandariz, Chantada, Maceda ou Bande protagonizan a sexta xeiras das Xornadas sobre o Entroido de Galiza. A Sociedade Antropolóxica Galega organiza un ano máis este encontro que reúne en Pontevedra, os vindeiros 23 e 24 de febreiro, as máis recentes investigacións sobre estas cuestións. Ademais dos difernetes relatorios, Roberto de la Torre presentará o seu traballo fotográfico Mascaradas da invernía na Península Ibérica, celebrarase unha mesa redonda e poderá verse unha exposición fotográfica que repasa diferentes entroidos tradicionais.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Pontevedra, Roberto de la Torre, Torre...