Fran Fernández Davila faise co VIII Premio de Novela Curta Antón Risco

O certame está dotado con 3.000 euros en metálico e inclúe a publicación da obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A novela Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas valeulle ao escritor vigués Fran Fernández Davila facerse co VIII Premio Antón Risco de novela curta. O xurado deste certame que convoca a Fundación Vicente Risco escolleu este traballo a atender o "lirismo, ritmo e musicalidade da súa prosa, así como a curiosidade que suscita en quen a le".

O fallo salienta ademais que "a obra amosa unha gran sensibilidade tanto no relativo á situación social que reflicte" así como o tratalmento da "literatura como elemento curativo" e no ben perfilados que están os personaxes. O premio, destinado a obras de entre 60 e 100 páxinas de extensión, está dotado con 3.000 euros en metálico e a publicación do traballo no selo editorial Doutor Alveiros.

Fernández Davila fíxose neste mes de maio co premio Rosalía de Castro de Poesía coa obra Konpostela, e conta no seu haber con galardóns coma o Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos ou Certame de Poesía María Mariño entre outros recoñecementos.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito