O poemario Konpostela valeulle a Francisco Javier Fernández Davila facerse co IX certame poético RosalÃa de Castro. O xurado do galardón que convoca o Concello de Padrón escolleu este traballo entre os 18 que se presentaron ao certame. O premio conta cunha dotación de 1.500 euros en metálico e a publicación da obra polo propio concello.
O fallo destaca a obra gañadora como un "texto de fondo carácter unitario e ben estruturado na súa disposición, que ofrece unha visión de Compostela na que o autor sabe incluÃr un eu esgazado".
O xurado do certame estivo presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira e conformado pola concelleira de Cultura, Lorena Couso, o presidente da Fundación RosalÃa de Castro, Anxo Angueirak o profesor do IES MacÃas O Namorado de Padrón, Manuel Lorenzo Baleirón, a poeta e licenciada en filoloxÃa galego-portuguesa, Elvira Ribeiro, a mestra de educación primaria e investigadora en humanidades, Inés Mosquera, e a profesora de Educación Secundaria de Lingua Galega e Literatura, Rita Bugallo.
Fernández Davila ten no seu haber o IV Premio de relato Vigo Histórico, o XVII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos ou do VIII Certame de PoesÃa MarÃa Mariño de Teo.