Helena Salgueiro recibe o II Premio de Poesía Rosalía de Castro

O poemario As flores valeulle os 1.500 euros do premio

23/5/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Concello de Padrón acolleu o pasado venres o acto de entrega do II Premio de Poesía Rosalía de Castro. A compostelá Helena Salgueiro impúxose co seu poemario As flores entre os 21 traballos que se presentaron ao certame, e levou os 1.500 euros cos que está dotado o concurso que organiza o propio Concello. O xurado, presidido pola concelleira de Cultura Lorena Couso, estivo formado por Anxo Angueira, Dores Tembrás, María Xesús Senín Fernández, María López Sández e Elvira Ribeiro Tubío, e destacou que a obra premiada é un traballo "arriscado, onde se afronta o feminino dende diferentes ópticas, manexando referentes literarias que apuntalan unha xenealoxía en feminino"

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Helena Salgueiro, Rosalía de Castro, Poesía, Dores Tembrás...