Helena Salgueiro vence no Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

O certame do Concello de Sarria está dotado con 6.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A vixésima cuarta edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño xa ten gañadora. A compostelá Helena Salgueiro Golán impúxose no certame que convocan o Concello de Sarria e a agrupación cultural Ergueitas co poemario Amor Palimpsesta. A autora recibirá un premio de 6.000 euros en metálico e verá a súa obra publicada pola editorial Espiral Maior.

O traballo de Salgueiro impúxose entre sesenta obras presentadas a esta xeira do premio, segundo informa El Progreso. O fallo do xurado destaca da obra o ser "un poemario vórtice, concibido desde a fragmentación textual e a hibridez xenérica" que explora o amor "como macrotexto sagrado. A autora espéllase en diversas artes, fai acopio de materiais e compárteos con quen le, confiando na (in)finitude do libro", salienta a resolución.

Alba Cid, Silvia Penas e Antón Lopo, canda ao concelleiro de Cultura César No e a presidenta de Ergueitas, María Casar conformaron o comité que realizou a selección de obras.

Que che parece esta nova?
135 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Helena Salgueiro, Fiz Vergara Vilariño, Poesía, Fiz...