A valdeorrense Inmaculada Núñez Núñez foi gañadora do XXIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, convocado pola Asociación Cultural Ergueitos e o Concello de Sarria. O seu primeiro poemario, Unha casa onde vivir, foi seleccionado para este premio, que conta cunha dotación de 6.000 euros e a publicación da obra por parte de Espiral Maior.
Segundo destaca o fallo do xurado, a obra "chega a ideas complexas con palabras de alento doméstico sendo sempre un son que convoca algo vencellado ao canto e nunca a un reclamo". Ademais, amosa unha "conciencia de clase que refusa o panfletario ao integrar de xeito naturalizado unha visión política da vida".
Eduardo Estévez, Marga do Val e Jesús Castro Yáñez compuxeron un xurado no que actuou como secretaria a presidenta da A.C. Ergueitas, María Casar Díaz, e como presidente o concelleiro da Área de Cultura de Sarria, César No Cortiñas.
Pérez Parallé
Pola súa banda, a obra Utensilios de Cociña e algúns xantares caleidoscópicos valeulle ao compostelán Xosé Carlos Carracedo Porto facerse co XXXVI Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé, que convoca o Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene en colaboración co concello.
O xurado destacou que o autor "crea un universo propio no que se entrelazan tanto o mundo grecolatino como o do anime, a televisión e a cultura de masas, polo que transitan personaxes nun xogo de máscaras". Ademais, destacan a arquitectura da obra e punto de vista anovador co que se presentan temas recorrentes da poesía galega recente "como a identidade ou a alienación da sociedade contemporánea".
O autor recibirá 3.000 euros en metálico e verá a súa obra editada en Espiral Maior. Ana Varela, Alba Cid e Anxo Mena foron os responsables da selección da obra gañadora.