Terminalidade é o lema co que se identifica a obra coa que Antón Lopo se impuxo no XXII Premio de PoesÃa Fiz Vergara Vilariño. O Concello de Sarria e a Asociación Ergueitos, que convocan o certame, deu a coñecer este 8 de decembro o fallo do certame, dotado con 6.000 euros en metálico e a publicación da obra na editora Espiral Maior.
O fallo apunta que "a obra destaca pola súa ambición temática, que vai desde a dureza dos coidados á nai anciá á reivindicación de todo tipo de relacións afectivas, salferida dun hedonismo vital e lingüÃstico".
Dos méritos da obra apúntase tamén que "a voz poética, por momentos teatral, derruba as fronteiras entre os xéneros literarios baixo unha aparencia de diario ou crónica dotando dun novo alento o verso longo".
Olalla Cociña, Ismael Ramos e Xosé LuÃs Mosquera Camba foron os responsables de realizar a selección entre os orixinais presentados, con MarÃa Casar, da Asociación Ergueitas de Sarria como secretaria e concelleira de cultura, Reyes Abella como presidenta.