A vixésimo quinta edición do Premio de Poesía Concello de Carral foi para o poeta vigués Carlos Penela. A organización daba a coñecer este sábado 21 de maio o fallo do certame, ao que se presentaron corenta e catro obras. O xurado seleccionou a obra O trono e a caléndula, que lle reportará ao autor 3.500 euros en metálico e será publicada por Espiral Maior.
O fallo destaca da obra "a composición dos poemas cunha esixencia rítmica pouco común que se proxecta no lingüístico e no simbólico". O comité de selección estivo composto por Inma Otero, Teresa Seara, Miguel Anxo Fernán Vello, Luciano Rodríguez e Álex Mene, co concelleiro de Cultura Francisco Bello como presidente e o técnico de Cultura Carlos Lorenzo a actuar como secretario.
O acto de entrega do galardón desenvolverase o vindeiro 10 de xuño na Casa da Cultura, nun evento no que tamén se conmemorarán os 25 anos do certame.