O Concello da Pobra do Caramiñal deu a coñecer este 1 de decembro o fallo da IV edición do IV Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. O xurado seleccionou a obra Por mor de cinco pizzas ós catro queixos, de Xosé Antonio Neira Cruz, como merecedora do galardón entre a trintena de propostas que se presentaron ao certame. O autor recibirá 3.000 euros en metálico, o duplo que en edicións anteriores, e verá a súa obra publicada na colección Árbore da editorial Galaxia.
O xurado, conformado por Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, Marta Neira Rodríguez, filóloga e ensaísta, e mais Loretta Birott Bermejo, escritora, destacou a altísima calidade das obras presentadas. A situación contrasta coa terceira edición deste certame, que quedara deserto. Neira Cruz xa se fixera co premio que convocan o Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a Asociación Cultural Barbantia na súa segunda xeira coa obra O enigma do baúl pechado.